Bienvenida

"M.R PANCHO E A ULTIMA FUNCIÓN".



TITERES CASCANUECES e TITERES ALAKRÁN teñen o  pracer de convidarvos ao seu novo espectaculo:

 









"Mr Pancho e a última función" é unha comedia que utiliza o vello truco do teatro dentro do teatro; no fascinante mundo da Variette, onde sempre a Marioneta estivo cómoda.

Nesta ocasión actuarán para todos vos:





 O grán violinista ruso Mijail Ratapovich:
Famoso por tocar o violín sen o menor equívoco
no medio dun bombardeo
na II Guerra Mundial.




A soprano Monserrate:
Que non só rompe copas coa súa voz,
 tamen farolas, espellos, televisores
e escaparates.




Don Amancio:
Dono do teatro.
Amante mais do aforro que do espectáculo.
Un día por aforrar despediu ao domador e un león casi o papa.









 Mr Pancho:
Inglés de nacimiento.
Din que coa porra aprendeu a ler a Shakespeare.










O Frautista chinés Bazarin sin Chu-lin:
Realmente veu montar un "Todo a Cen"
 pero....









 Juan KING-KING:
Único pianista cubano que marchou de Cuba
no seu propio piano con
corpo de baile e todo.






 Ramón:
 Tramoia do teatro.
Ninguén lle fai caso pero é o único que entende de teatro na obra.





As Marionetas; os elegantes monicreques movidos por fíos, coas súas complexas articulacións e a súa gracil afectación, son sen dúbida as preferidas do Respetable, que admira delas a súa graza e habilidade para o baile, a mímica, a música, os trucos escénicos...
A denominación "marionetas" tivo a súa orixe en Francia ("Sereés", Guillermo Bouchet, 1584.) O nome deriva de Marion, diminutivo de María, e podería ter nacido do uso destes bonecos para explicar pasaxes bíblicos. Tamén hai quen afirma que ven do francés marionette, palabra utilizada para nomear a quen prestaba a súa voz á Virxe nas representacións relixiosas.
Dun ou doutro xeito o seu vínculo co divino é evidente.(rie Pinocho)
 
Filósofos, escritores, científicos, médicos, dramaturgos, pintores, músicos... convertérona en centro dos seus estudos, marabillados tanto polo seu contundente simbolismo coma pola súa desenvoltura escénica.


“...pero a marioneta, unha excelente criatura mecánica supera todas as limitacións biolóxicas e humanas individuais e aparece ante nós como un actor de primeira clase, especialmente en parodia e en comedia...” (Eleanora Rapp).
A diferenza entre a Marioneta e o Pupi estriba en que a primeira leva todos os mandos por fíos mentres que o pupi ten sólido o mando da cabeza e o do brazo dereito. Sicilia ten dúas fontes na tradición do Pupi: Palermo e Catania, aínda que tamén hai teatros en Acireale, Siracusa, Licata, Alcamo, e Partinico.
As cores dos teatrinos, as dimensións dos bonecos así como algunha variación nas fórmulas das temáticas son os detalles que diferencian esta arte entre rexións; por exemplo, os pupis de Catania son de máis dun metro e non teñen articulación nos xeonllos, a diferenza dos de Palermo, que non superan os 80 cm.
O argumento, na maioría das ocasións versa sobre literatura cabaleiresca medieval, poemas italianos do renacemento ou sobre a vida de santos ou bandidos famosos. 

 (e Pinocho volve  rir.)
 
"Mr. Pancho e a ultima función" quere ser unha
pequena homenaxe aos  Espectáculos de Marionetas que percorrían  Europa a principios do século
XX, levando alegría e ilusion a miles de familias maltratadas pola Guerra.